Sunday 19 de May de 2024

Fabiola García sinala que as familias contan con máis facilidades ca nunca para acceder a servizos de Atención Temperá


Agradeceu aos profesionais a súa implicación e compromiso na construción dunha Galicia máis xusta

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sinalou que as familias contan con máis facilidades ca nunca para acceder a servizos de atención temperá. Fíxoo durante a inauguración esta mañá da I Xornada de profesionais de atención temperá de Galicia que ten lugar en Bergondo e que está organizada por Cogami e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT).

Fabiola García celebrou a creación deste tipo de foros nos que os profesionais que traballan diariamente no sector comparten experiencias e extraen conclusións útiles para que as entidades e administracións poidan mellorar os servizos sociais. A conselleira agradeceu aos participantes a súa implicación por construír unha Galicia máis xusta e por disipar as dúbidas ou inquedanzas das familias cun neno con posibles problemas de desenvolvemento.

A conselleira lembrou que na Galicia do ano 2024, a maioría das familias contan cun centro de atención temperá próximo aos seus domicilios, converténdose nun servizo imprescindible para todas elas. Así mesmo, lembrou que existe un compromiso por todos os axentes implicados –entidades, profesionais e institucións— para seguir mellorando estas axudas e facilitar así o acompañamento aos nenos nestas idades temperás.